logob

Palacio dos Condes (fachada NE)

É un edificio renacentista no que destacan as súas galerías brasonadas e a Torre das Damas. O palacio, que data dos séculos XVI e XVII, foi reconstruído no ano 1962 e está formado por dúas fachadas nobres; a que mira ao patio de armas ten dous corpos, o inferior definido por un conxunto de dez arcos escarzanos apoiados en columnas de sección oitavada. Sobre este pórtico, unha galería aberta de granito protexida por un peitoril do mesmo material. A Torre das Damas foi construída no século XIV, ten cinco andares e 19 m de altura. Loce xanelas románicas e unha cornixa de modillóns de triplo arco soportado por un matacán granítico. No terceiro andar destaca unha fermosa xanela gótica trilobulada que conta cun parladoiro.