logob

Atalaia

A mediados do século XVII os conflitos bélicos con Portugal impoñen o reforzamento das defensas de Monterrei. Daquela constrúense novos baluartes arredor do castelo, unha Atalaia (en 1664) a 550 m ao noroeste, para defender a fonte e o acceso noroeste. Tamén se levantou o Forte de San Salvador, con planta en forma de estrela de cinco puntas que se empezou a construír no Coto da Esculqueira, a 695 m de altura. Este forte, cuxa construción probablemente nunca se rematou, foi destruído por ignorancia na segunda metade do século XX. Entre a Atalaia e o castelo, a 350 m deste, localízase a fonte, que foi construída polo conde Alfonso de Acevedo, neto do arcebispo santiagués Fonseca, que lle regalou a vila. As súas ordenanzas prohibiron que nela se lavasen nin “ropas ni tripas”.