logob

Casa Reitoral

A casa reitoral era a casa ocupada polo clero que exercía dentro da fortaleza. Trátase dunha vivenda tradicional con dous patios exteriores. A planta baixa está composta por unha sucesión de tres espazos a diferentes niveis e un deles con acceso desde os patios. Na primeira planta situábase a cociña e cinco cuartos, todos eles con ventilación exterior. Desde o andar terreo, unha escaleira ascende á solaina. Construtivamente segue os patróns da arquitectura tradicional, con muros de cachotaría e estrutura de madeira con cuberta de tella cerámica curva. A solaina é de madeira. A clerecía secular de Monterrei estaba constituída por 2 presbíteros, un deles o abade de Santa María de Graza. O convento franciscano (32 relixiosos) chegou a ter 27 sacerdotes e o dos xesuítas (15 relixiosos) 9 curas.