logob

Colexio dos Xesuítas

Situouse primeiro dentro da acrópole, para logo, en 1555, ocupar un edificio propio no lugar no que se construíu o Parador de Turismo.
Durante as obras de construción atopáronse varias sepulturas antropomorfas que se conservan no castelo. González de Ulloa dixo del que “era de bella fábrica; sobre todo la iglesia está hecha al modelo del Colegio Imperial de Madrid”. Os Xesuítas instaláranse na fortaleza baixo o amparo do III Conde de Monterrei, Alonso de Acevedo, impartindo clases de gramática, artes e teoloxía, inicialmente a 23 escolares. En 1590 o alumnado ascendía a 1.200 segundo o Padre Astrain. Puido ser este colexio a segunda universidade galega, contando en épocas con máis alumnos que Santiago. Coa expulsión dos xesuítas no ano 1767, o Colexio sufre espolio e ve dispersado o seu patrimonio.